A Xunta renova o convenio co Casco Vello de Vigo por catro anos | Observatorio de Vivenda

A Xunta renova o convenio co Casco Vello de Vigo por catro anos

A Xunta renova o convenio co Casco Vello de Vigo por catro anos

A xunta renovou até 2025 o convenio co Consorcio do Casco Vello co fin de rehabilitar edificios abandoados. Nos próximos anos, as actuacions de rehabilitación centraranse na zona alta do Casco Vello e na baixa, especialmente na ribera do Berbés e na rúa de Poboadores. A Xunta leva invertidos máis de 29 millóns de euros no Consorcio, o que permitíu poñer a disposición da cidadanía 117 vivendas protexidas e 35 locais comerciais. Outros 18 millóns foron destinados a áreas de rehabilitación.

Esta renovación supón a quinta prórroga do convenio, pola cal a Xunta aportará 1,6 millóns para gasto ordinario. Xustifícase pola importancia da rehabilitación e o decisivo papel que desenrola o Conosrcio na recuperación do conxunto histórico de Vigo, o cal rexistra unha alta demanda dos inmobles cualificados como vivendas de protección autonómica. Feixo, recordou que o organismo está participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello.

Fonte | La Voz de Galicia