A Xunta solicita ao Goberno central que manteña o seu compromiso coas áreas de rehabilitación integral pola súa importancia para Galicia | Observatorio de Vivenda

A Xunta solicita ao Goberno central que manteña o seu compromiso coas áreas de rehabilitación integral pola súa importancia para Galicia

A Xunta solicita ao Goberno central que manteña o seu compromiso coas áreas de rehabilitación integral pola súa importancia para Galicia

A Xunta de Galicia, o Goberno central e os 22 concellos que participan este ano no reparto dos 10,2 millóns de euros dispoñibles para actuar nas áreas de rehabilitación integral (ARI) galegas asinaron xa na Cidade da Cultura os correspondentes convenios de financiamento nos que se concreta a contía asignada en cada caso.

Durante o acto, salientouse a importancia das ARI para Galicia, unha figura clave e imprescindible na aposta da Xunta pola rehabilitación do patrimonio construído e por iso aproveitouse para pedir ao Goberno central que manteña o seu compromiso con esta ferramenta garantindo o financiamento necesario para seguir actuando nestas zonas.

Cun total de 76 ARI municipais declaradas e outras tres de carácter supramunicipal, xestionadas pola Xunta, Galicia é a Comunidade española que apostou de forma máis decidida por este programa de rehabilitación, concibido para lograr unha revitalización integral de zonas que perderon dinamismo.

Fonte | IGVS