A Xunta sortea as 24 vivendas de promoción pública da rúa Canicouva no Concello de Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta sortea as 24 vivendas de promoción pública da rúa Canicouva no Concello de Vigo

A Xunta sortea as 24 vivendas de promoción pública da rúa Canicouva no Concello de Vigo

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteou entre os seus adxudicatarios as 24 vivendas de promoción pública construídas pola Xunta de Galicia na rúa Canicouva (Chantada) no Concello de Vigo, e que se suman ás 33 asignadas o pasado mes de outubro na rúa de Ignacio Grobas.

Esta actuación englóbase dentro da política de Vivenda da Xunta que ten como un dos seus obxectivos principais a construción de vivendas protexidas nas grandes cidades galegas, onde a demanda é maior e onde se ten acreditado maiores necesidades. Así, en conxunto, 62 novas vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico que supera os 8,4 millóns de euros, foron postas a disposición dos cidadáns de Vigo.

Esta nova entrega de inmobles por parte da Xunta engloba 24 inmobles de 4, 3 ou 2 dormitorios, 3 deles adaptados a persoas con mobilidade reducida, que contan con garaxe e rocho e patio exterior.

Fonte | Xunta de Galicia