A Xunta sortea oito vivendas de promoción pública na provincia de Ourense | Observatorio de Vivenda

A Xunta sortea oito vivendas de promoción pública na provincia de Ourense

A Xunta sortea oito vivendas de promoción pública na provincia de Ourense

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou o procedemento para a adxudicación dun total de oito vivendas de promoción pública vacantes na provincia de Ourense. En todos os casos, trátanse de inmobles que xa foran adxudicados con anterioridade e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) asigna de novo unha vez devoltos polos anteriores moradores.

As vivendas a adxudicar están emprazadas nos concellos do Carballiño, Verín, Carballeda de Valdeorras e Carballeda de Avia.

Os inmobles serán adxudicados a través dun sorteo, que se levará a cabo este xoves 13 de maio entre os que estiveran inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia na data de inicio do procedemento.

Fonte | Xunta de Galicia