A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Oleiros entre os inscritos no rexistro de demandantes | Observatorio de Vivenda

A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Oleiros entre os inscritos no rexistro de demandantes

A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Oleiros entre os inscritos no rexistro de demandantes

A Xunta de Galicia realizou o pasado 8 de xuño, o sorteo ante notaría dunha vivenda de promoción pública no concello de Oleiros. Trátase dunha vivenda que xa fora entregada con anterioridade e que agora se volve adxudicar unha vez que volveu a mans da Xunta.

A vivenda, emprazada na rúa Anido número 36, dispón de dous dormitorios, cunha superficie útil total de 62,68 metros cadrados. Ademais, conta cunha praza de garaxe e rocho.

No sorteo para a súa adxudicación entraron todos os demandantes de vivenda de promoción pública inscritos en Oleiros no Rexistro de Demandantes de Vivenda. De entre eles, seleccionáronse a un total de 15 solicitantes, quedando en lista de agarda para futuras vacantes aquelas persoas seleccionadas ás que non se adxudicou a vivenda neste sorteo.

Fonte | Xunta de Galicia