A Xunta traballa nun Decreto que obrigará aos edificios de máis de 50 anos a contar cun informe de avaliación | Observatorio de Vivenda

A Xunta traballa nun Decreto que obrigará aos edificios de máis de 50 anos a contar cun informe de avaliación

A Xunta traballa nun Decreto que obrigará aos edificios de máis de 50 anos a contar cun informe de avaliación

A Xunta traballa na redación dun decreto (aínda en fase preliminar) que obrigará aos edificios con máis de 50 anos a pasar por unha análise de avaliación. Esta medida vai encamiñada a garantir a seguridade ás persoas residentes e veciñas destes inmobles. Para acadar o cumprimento desta norma, crearase un rexistro oficial no que cidadáns e cidadás poderán comprobar o estado de calquera edificio. Un orzamento de 12,7 millóns de euros será o destinado pola Xunta á realización deste proxecto, no que deberán ser avaliados uns 350.000 inmobles, o 23% do total do parque de vivendas da Comunidade.

Fonte.- El Ideal Gallego