A Xunta traballa nun episodio piloto para rehabilitar 100 vivendas para familias desfavorecidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta traballa nun episodio piloto para rehabilitar 100 vivendas para familias desfavorecidas

A Xunta traballa nun episodio piloto para rehabilitar 100 vivendas para familias desfavorecidas

A Xunta traballa nun episodio piloto que pretende rehabilitar 100 vivendas distribuidas por toda Galicia cun presuposto de 8 millóns de euros, éstas destinaránse a familias desfavorecidas ou en risco de exclusión e persoas sen fogar. Segue a filosofía europea housing first e housing led, que busca ofrecer canto antes unha vivenda estable ás persoas sen fogar e aproximalas aos servicios de saude e servicios sociais para promover a súa integración.

O proxecto iniciouse xa en 2021, con 10 pisos rehabilitados en Ferrol e Viveiro e agora pretende extenderse ao resto de Galicia. A previsión é que este ano se sumen sesenta vivendas e en 2023 outras trinta. Unha vez rematada a rehabilitación, a vivenda pasa a ser xestionada por unha entidade social, e acto seguido, segundo os criterios da Xunta, búscase aos candidatos idóneos. 

Os inmobles, os cales foron cedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, están sendo reformados pola Política Social a través dunha inversión que achegouse ó millón de euros o ano pasado. Así figura no proxecto presentado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia que se financiará con fondos da Unión Europea.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicou que o obxectivo é ofertar o antes posible unha vivenda ás persoas sen fogar, establecendo un apoio complementario, principalmente en materia de saúde e servicios sociais, de tal manera que a vivenda non sexa o punto e  final, senón o punto de partida. 

Co fin de lograr este reto, Política Social manterá un presuposto para 2022 de 118,6 millóns de euros no ámbito da inclusión. Esta inversión permitirá dar continuidade a un traballo que conseguiu, por exemplo, a Tarxeta Básica ou a posta en marcha do Plan de atención a persoas sen fogar, no que se encadra a cesión das primeriras vivendas.

Fonte | La Opinión