A Xunta traballa nun Plan para destinar as vivendas baleiras de Galicia a familias con poucos recursos | Observatorio de Vivenda

A Xunta traballa nun Plan para destinar as vivendas baleiras de Galicia a familias con poucos recursos

A Xunta traballa nun Plan para destinar as vivendas baleiras de Galicia a familias con poucos recursos

Galicia dispón de numerosas vivendas baleiras, moitas delas segundas residencias, ocupando o sexto posto no que ao uso das vivendas por Comunidade Autónoma de España se refire. O ránking está liderado por A Coruña, seguida de Pontevedra, Lugo e, por último lugar, Ourense.

Dada esta situación creouse o programa de "Vivendas Baleiras" en Galicia, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo, en colaboración cos administradores e os axentes. O fin deste programa é crear unha bolsa de inmobles para destinalos a familias con poucos recursos, e forman parte do mesmo Santiago e Ourense, entre outros.

Neste programa, o Goberno galego dá moitas facilidades, entre as que podemos destacar asumir o risco de falta de pagamento, asistencia xurídica ou as axudas de rehabilitación e mellora das vivendas adheridas (Rehaluga) no caso de que precisasen unha reforma antes de poñelos no mercado.

 

Fonte | Faro de Vigo