A Xunta urxe ao Concello de Vigo a expropiar no Casco Vello para crear máis vivenda protexida | Observatorio de Vivenda

A Xunta urxe ao Concello de Vigo a expropiar no Casco Vello para crear máis vivenda protexida

A Xunta urxe ao Concello de Vigo a expropiar no Casco Vello para crear máis vivenda protexida

Segundo reflicte o rexistro do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Vigo é a maior demandante de vivenda de protección, e por isto o Goberno Galego recordou ao Concello a necesidade de activar os mecanismos expropiatorios necesarios para poder intervir en ata cinco edificacións pendentes de rehabilitar no Casco Vello, en concreto nas rúas Ferrería, Abeleira Menéndez, San Sebastian e Subida ao Castelo.

Destacou tamén o esforzo de investimento que se está facendo na cidade en materia de promoción pública, como demostran as promovidas polo Goberno galego en Cambeses e Ignacio Grobas e as 1.600 que están proxectadas para Navia. Ao anterior súmase a labor de rehabilitación no barrio antigo por parte do Consorcio do Casco Vello, participado nun 90 % pola Xunta e nun 10 % polo Concello. O resultado é ata agora de 82 inmobles adquiridos, 110 vivendas postas a disposición dos veciños e 33 locais comerciais.

Fonte | La Voz de Galicia