A Xunta venderá máis de 15.000 metros cadrados de solo no Ofimático para a construción de medio millar de vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

A Xunta venderá máis de 15.000 metros cadrados de solo no Ofimático para a construción de medio millar de vivendas protexidas

A Xunta venderá máis de 15.000 metros cadrados de solo no Ofimático para a construción de medio millar de vivendas protexidas

A Xunta de Galicia anuncia que sacará á venda dez parcelas do parque Ofimático, en A Coruña. As parcelas, que suman un total de 15.706 metros cadrados, publicaranse no Diario Oficial de Galicia en decembro. Trátase dunha superficie de solo que deberá ir destinada á construción de máis de 500 vivendas de protección oficial de promoción privada, que se sumarán ás 40 vivendas de alugueiro social que está a promover a Xunta.

Fonte.- La Voz de Galicia