A Xunta xestionará un 20% máis de orzamento para o ano 2022 ata un total de 445,3 millóns de euros co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda aos galegos | Observatorio de Vivenda

A Xunta xestionará un 20% máis de orzamento para o ano 2022 ata un total de 445,3 millóns de euros co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

A Xunta xestionará un 20% máis de orzamento para o ano 2022 ata un total de 445,3 millóns de euros co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xestionará ao longo do vindeiro ano preto de 445,3 millóns de euros, un incremento do 20% con respecto ao ao exercicio anterior (cerca de 76 millóns de euros máis) co obxectivo de facilitar o acceso aos galegos a unha vivenda digna.

Unha das prioridades do Plan é axudar á mocidade a acceder a un fogar e independizarse, polo que se anunciou que por primeira vez a Xunta concederá avais dun 15% do crédito aos menores de 35 anos para a compra da súa primeira vivenda en propiedade.  Esta nova liña súmase á batería de medidas en marcha que van dirixidas especialmente á mocidade, como as axudas para mercar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes e en centros históricos ou as axudas para a adquisición de vivenda protexida.

Outras das liñas destacadas son as destinadas ás persoas vulnerables con axudas para o pago dos gastos de alugueiro de persoas en situación de exclusión, o Bono alugueiro social (3,2 M€) co que se cubrirá o 100% da renda dos beneficiarios e a promoción de vivendas con destino a alugueiro social. 

Por último, outra das grandes partidas do rozamentos estará destinada aos programas de rehabilitación para mellorar o parque de vivendas (máis de 75,2 millóns de euros) ou ás axudas para mellorar a eficiencia enerxética e a envolvente das vivendas.

Fonte | Xunta de Galicia