Fianzas na Coruña por códigos postais e mapas | Febreiro 2022

Preséntanse as estatísticas interanuais correspondentes aos contratos de alugueiro na Coruña. Preséntase: o número de contratos no municipio completo, o importe medio no municipio completo e o número e importe medio de 2021 e acumulado de 2022 (en táboa).

Notas metodolóxicas

Algúns dos rexistros de fianzas non inclúen código postal (ou teñen algún erro), polo que a suma total por códigos postais pode ser diferente que o total do concello.

Algúns códigos postais comprenden áreas xeográficas non limítrofes (por exemplo, en Vigo as Illas Cíes e áreas do casco urbano).

A base de datos das xeometrías correspondentes a cada código postal corresponde a 2016.

Non se detallarán os datos relativos a códigos postais cun número de operacións inferior a 5 por cuestións de segredo estatístico. Estes casos represéntanse cun guión.

 

Número dos contratos asinados en 2022 no concello da Coruña por códigos postais

 

 

Importe medio dos contratos asinados en 2022 no concello da Coruña por códigos postais

 

 

Número e importe medio dos contratos asinados en 2022 e 2021 no concello da Coruña por códigos postais

Concello Código postal Nº de fianzas (2022) Importe medio (€) Nº de fianzas (2021) Importe medio (€)
A Coruña 15001 56 600,7 366 594,0
A Coruña 15002 109 577,4 724 577,4
A Coruña 15003 36 635,8 357 635,8
A Coruña 15004 43 791,8 368 725,2
A Coruña 15005 46 700,7 366 612,5
A Coruña 15006 51 525,1 487 555,4
A Coruña 15007 88 470,0 694 458,6
A Coruña 15008 54 542,0 478 523,3
A Coruña 15009 105 494,6 851 500,0
A Coruña 15010 59 468,6 552 471,5
A Coruña 15011 75 569,2 575 544,1
A Coruña 15190 25 356,1 248 348,6


Fonte.- IGVS. (28.02.2022)