Fianzas na Coruña por códigos postais e mapas | Maio 2021

Preséntanse as estatísticas interanuais correspondentes aos contratos de alugueiro na Coruña. Preséntase: o número de contratos no municipio completo, o importe medio no municipio completo e o número e importe medio de 2020 e acumulado de 2021 (en táboa).

Notas metodolóxicas

Algúns dos rexistros de fianzas non inclúen código postal (ou teñen algún erro), polo que a suma total por códigos postais pode ser diferente que o total do concello.

Algúns códigos postais comprenden áreas xeográficas non limítrofes (por exemplo, en Vigo as Illas Cíes e áreas do casco urbano).

A base de datos das xeometrías correspondentes a cada código postal corresponde a 2016.

Non se detallarán os datos relativos a códigos postais cun número de operacións inferior a 5 por cuestións de segredo estatístico. Estes casos represéntanse cun guión.

 

Número dos contratos asinados en 2021 no concello da Coruña por códigos postais

 

 

Importe medio dos contratos asinados en 2021 no concello da Coruña por códigos postais

 

 

 

Número e importe medio dos contratos asinados en 2021 e 2020 no concello da Coruña por códigos postais

Concello Código postal Nº de fianzas (2021) Importe medio (€) Nº de fianzas (2020) Importe medio (€)
A Coruña 15001 149 593,0 311 607,1
A Coruña 15002 277 518,7 614 527,3
A Coruña 15003 139 647,5 328 639,0
A Coruña 15004 131 690,7 317 711,1
A Coruña 15005 116 592,8 276 592,3
A Coruña 15006 168 551,0 367 543,9
A Coruña 15007 234 443,2 615 466,2
A Coruña 15008 145 498,7 422 531,4
A Coruña 15009 281 482,0 730 490,0
A Coruña 15010 178 459,8 454 463,7
A Coruña 15011 204 538,6 538 520,3
A Coruña 15190 82 343,0 200 379,1


Fonte| IGVS. (31.05.2021)