Acorde ao INE, Sanxenxo é o concello galego con maior peso das VUT sobre o total de vivendas | Observatorio de Vivenda

Acorde ao INE, Sanxenxo é o concello galego con maior peso das VUT sobre o total de vivendas

Acorde ao INE, Sanxenxo é o concello galego con maior peso das VUT sobre o total de vivendas

A estatística que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE) reflicte que en Galicia en febreiro había 17.883 vivendas turísticas rexistradas, o que supón un incremento do 42% con respecto a agosto de 2020, cando iniciou o estudo, aínda que nese ano retiráronse moitas VUT do mercado debido ao descenso do turismo coas restricións á mobilidade que impuxo a pandemia. En consonancia, o número de prazas dispoñibles disparouse un 40%, cun total de 93.663, o que duplica as 46.797 que no segundo mes do ano estaban operativas nos hoteis.

Lonxe aínda do nivel alcanzado polo municipio de Yaiza, en Lanzarote, onde o 22,5% do parque inmobiliario está enfocado aos viaxeiros, en Galicia o concello no que máis se nota a presión é Sanxenxo, onde o 7,15% do total de inmobles son VUT, cunha oferta de 1.271 pisos vacacionais e máis de 6.700 prazas. Desde 2020, o peso das vivendas de uso turístico sobre o total do parque inmobiliario aumentou nun 1%. O segundo concello no ranking é Carnota, que con pouco máis de 3.832 habitantes dedica o 7,08% da vivenda a usos turísticos. No podio tamén está Fisterra cun (6,86%). O resto de concellos que superan o peso do 5% en Galicia son Corcubión, cun 5,76%, O Grove, onde as VUT representan o 5,56% das vivendas censadas e Mondariz-Balneario, cun 5,07%.

Fonte.- Diario de Pontevedra