A conselleira Martínez Allegue salienta a figura dos arquitectos técnicos, imprescindible nas actuacións de edificación | Observatorio de Vivenda

A conselleira Martínez Allegue salienta a figura dos arquitectos técnicos, imprescindible nas actuacións de edificación

A conselleira Martínez Allegue salienta a figura dos arquitectos técnicos, imprescindible nas actuacións de edificación A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantivo esta tarde un encontro con representantes do Consello Galego de Arquitectura Técnica | Trátase da primeira reunión da conselleira con este colectivo, ao que trasladou o reto da Xunta de duplicar o parque público de vivenda | María M. Allegue destacou que o traballo dos arquitectos técnicos é fundamental, tanto na construción de nova vivenda como na rehabilitación de edificacións, dúas liñas de acción prioritarias na Consellería de Vivenda| A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, salienta a figura dos arquitectos técnicos, imprescindible nas actuacións de edificación.| María M. Allegue mantivo esta tarde un encontro de traballo cos representantes do Consello Galego da Arquitectura Técnica.| Trátase do primeiro encontro da conselleira Martínez Allegue con este colectivo, ao que trasladou o reto da Xunta de duplicar o parque público de vivenda.| Neste sentido, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanzoulles o traballo que se está a desenvolver de xeito moi activo nas 7 principais cidades galegas. Así, expuxo os proxectos que o Goberno galego está a impulsar no ámbito das infraestruturas, pero especialmente no relativo á vivenda.| María M. Allegue tamén destacou que o traballo dos arquitectos técnicos é fundamental, tanto na construción de nova vivenda como na rehabilitación de edificacións, dúas liñas de acción estratéxicas na Consellería de Vivenda. | | Fonte .- Xunta de Galicia