A Coruña é a cidade galega onde máis aumentan as prazas de pisos turísticos, segundo Exceltur | Observatorio de Vivenda

A Coruña é a cidade galega onde máis aumentan as prazas de pisos turísticos, segundo Exceltur

A Coruña é a cidade galega onde máis aumentan as prazas de pisos turísticos, segundo Exceltur

Durante o último ano, as prazas dispoñibles en vivendas de uso turístico na cidade de A Coruña aumentaron un 35,1%, segundo os cálculos da asociación Exceltur, a partir dos datos de vivendas da web AirDNA. A urbe herculina sitúase como a quinta na que máis creceu a oferta deste tipo de aloxamentos de entre o que consideran as 25 principais cidades españolas a nivel turístico, nunha listaxe que exclúe ao resto de núcleos urbanos galegos, fóra de Santiago. A lista só rexistra incrementos maiores en Oviedo (85,5%), Xixón (56,4%), Valencia (40,4%) e Santander (37,8%), e o dato coruñés tamén supera en dez puntos ao incremento total nas cidades, do 25,2%.

En termos absolutos do estudo, en Coruña habería unhas 2.570 prazas dispoñibles no primeiro trimestre do ano, cifras inferiores aos que proporciona a Xunta, segundo a cal haberían 6.367. Aínda que a patronal galega de pisos turísticos, Aviturga, advirte de que moitos dos establecementos dados de alta non están abertos na práctica, e ademáis, estas vivendas teñen, potencialmente, máis capacidade que os aloxamentos convencionais. Os hoteis da cidade suman 3.807 prazas, e as pensións outras 1.042.

O Concello ten pendente unha normativa para regular os pisos turísticos na cidade, para o que creou unha mesa de negociación. Nesta está presente Aviturga, que desliga aos pisos turísticos dos problemas da vivenda na cidade, como a falta de acceso ao alugueiro, defende que achegan economicamente á cidade e son necesarios para o turismo, e reclama que a norma municipal fágase en base a estudos detallados.

Fonte.- La Opinión