O Goberno galego inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán, entre outros sectores, a vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno galego inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán, entre outros sectores, a vivenda

O Goberno galego inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán, entre outros sectores, a vivenda

A Xunta de Galicia xa iniciou o proceso de elaboración dos Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2025, unhas contas que impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e priorizarán a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no seu último exercicio completo, para dar cumprimento aos fitos e obxectivos previstos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se ditan instrucións para a elaboración dos orzamentos do vindeiro exercicio que marcan as bases do plan financeiro do Goberno galego para o ano próximo.

As contas do vindeiro ano proseguirán coa modernización dos servicios públicos fundamentais como instrumento básico de solidariedade e redistribución. Deste xeito, potenciarán o parque de vivenda social, apoiando ás familias e aos colectivos máis vulnerables co obxectivo de reducir o risco de exclusión, en liña cos retos do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030. Neste marco, e en relación aos servizos sociais, estes orzamentos centraranse en seguir apoiando aos colectivos máis vulnerables con actuacións públicas destinadas a paliar e reducir as desigualdades.

Os obxectivos fixados para o orzamento de 2025 continuarán a ter o PEG 2030 como horizonte das liñas de investimento e gasto do orzamento, que terán tamén unha visión transversal das políticas de gasto con perspectiva de xénero, impacto na infancia e un informe do orzamento en clave de obxectivos da Axenda 2030 e a transición ecolóxica.

A elaboración dos orzamentos para 2025 estruturarase, ao igual que as contas vixentes, en torno a catro comisións: a Comisión de análise e avaliación de obxectivos dos programas de gasto, que avalía os obxectivos estratéxicos e operativos asignados aos distintos programas de gasto e aos seus indicadores de resultado; a Comisión de ingresos propios e finalistas, responsable da elaboración das previsións sobre os distintos ingresos; a Comisión de fondos europeos e Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), que establece a programación dos anteditos fondos; e a Comisión funcional do gasto, que determina a distribución do orzamento por programas, capítulos e proxectos.

Fonte.- Xunta de Galicia