A ministra de Vivenda aposta por prohibir o alugueiro turístico cando colisione coa vivenda | Observatorio de Vivenda

A ministra de Vivenda aposta por prohibir o alugueiro turístico cando colisione coa vivenda

O prezo do alugueiro aumentou un 13.2% no último ano. Atendendo aos territorios, as subidas son moi diferentes, onde Baleares acumula unha subida do 21.5%, e lidera a listaxe de rexións onde máis sobe. Séguelle Madrid cun 17.5%, a Comunidade Valenciana cun 15.6% e Cataluña con case un 15%, segundo os datos de Idealista. A pesar de que a lei de vivenda prohibía subidas superiores ao IPC, pouco máis do 3% no último ano, as subidas multiplicaron case por catro.

O diagnóstico da ministra de Vivenda en torno a esta situación e as posibles solucións, apunta en varias direccións: por unha banda, aposta pola creación "dun gran parque público de vivenda" que iguale a España aos estándares europeos, e, por outro, reducir "a tensión no mercado do alugueiro", que "se debe ao incremento dos aloxamentos residenciais temporais". O obxectivo a lograr, asegurou, é "que ningún español teña que dedicar máis do 30% dos seus ingresos ao pago da súa vivenda". 

Isabel Rodríguez apostou pola prohibición dos Airbnb, cando "cando entren en colisión cos dereitos á vivenda. Se está a afectar ao dereito das persoas para quedar a vivir na cidade na que naceron, onde están os seus pais, onde están os seus amigos, onde está o seu traballo ou onde queren, pois temos que entrar a prohibir e a regular", afirmou. Desta forma, a ministra aproveitou para amosar o seu apoio ao alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, que anunciou recentemente a prohibición total dos alugueiros turísticos para finais de 2028.

Como parte das medidas que estanse a considerar, o Goberno prevé lanzar unha lei que empodere ás comunidades de veciños para que teñan unha maior capacidade para prohibir a existencia deste tipo de aloxamentos nos seus edificios. "Trátase de empoderar aos veciños, porque non só privan do dereito á vivenda, tamén están a xerar molestias e problemas de convivencia", indicou a ministra.

Fonte.- Cadena Ser