As accións da promotora chinesa Evergrande caen un 80% na bolsa de Hong Kong á vez que reduce as súas perdas significativamente | Observatorio de Vivenda

As accións da promotora chinesa Evergrande caen un 80% na bolsa de Hong Kong á vez que reduce as súas perdas significativamente

As accións da promotora chinesa Evergrande caen un 80% na bolsa de Hong Kong á vez que reduce as súas perdas significativamente

A promotora chinesa Evergrande volveu á bolsa de Hong Kong cun sabor agridoce: por unha banda logrou reducir as súas perdas considerablemente e por outro sufriu un duro castigo no seu regreso ao parqué tras case un ano e medio suspendidas as accións de cotización, as cales caeron case un 80% na primeira sesión da semana. 

A promotora chinesa publicou os datos referentes ao primeiro trimeste do ano, onde se rexistrou unha perda atribuída neta de 33.012 millóns de yuans (4.191 millóns de euros), a metade do que perdera no primeiro semestre de 2022, ao mesmo tempo que a súa facturación ascendía ata xuño a 128.067 millóns de yuans, un 43% máis que o primeiro semestre do ano pasado. Ao finalizar a primeira metade de 2023, o pasivo de Evergrande era tan só un 2% inferior ao peche de 2022 (302.138 millóns de euros menos).

Os problemas de Evergrande comezaron hai dous anos, cando o grupo chinés recoñeceu dificultades de liquidez e riscos de incorrer en falta de pagamento. Recentemente solicitara a protección por bancarrota #ante o tribunal de Nova York. A compañía a decidido a última hora estender o prazo para as votacións sobre o seu plan de reestruturación da débeda 'offshore' ata setembro para que os acredores 'consideren, comprendan e avalíen' os termos dos plans e que consideren os desenvolvementos recentes do grupo.

Fonte.- Idealista