Acorde ao último Índice de Prezos Inmobiliarios de Idealista, o prezo da vivenda usada en venda aumentou un 1% en abril | Observatorio de Vivenda

Acorde ao último Índice de Prezos Inmobiliarios de Idealista, o prezo da vivenda usada en venda aumentou un 1% en abril

Acorde ao último Índice de Prezos Inmobiliarios de Idealista, o prezo da vivenda usada en venda aumentou un 1% en abril

O prezo da vivenda usada en España rexistrou unha subida do 1% durante o mes de abril, alcanzando os 2.098 euros/m2, segundo o último índice de prezos inmobiliarios de idealista. Este dato é un 6,9% máis alto que o do mesmo mes do ano pasado e sitúase un 0,8% por baixo do prezo máximo histórico da vivenda en España, rexistrado en xuño de 2007.

Este prezo aumentou en 12 comunidades autónomas: a Comunidade Valenciana (1,7%) lidera os incrementos, seguida de Murcia (1,1%), Andalucía (1,1%), Cataluña (1,1%), a Comunidade de Madrid (1,1%) e as Illas Baleares (1%). Inferior ao incremento do 1% atópanse as subidas de Navarra (0,8%), Euskadi (0,6%), Canarias (0,6%), Cantabria (0,5%), Asturias (0,5%) e Castela-A Mancha (0,3%). Pola súa banda, Estremadura (-0,2%), A Rioxa (-0,2%), Aragón (-0,2%) e Castela e León (-0,1%) son as únicas rexións nas que baixou o prezo, e Galicia é a comunidade onde os prezos mantivéronse sen cambios durante o último mes. O prezo máis elevado sitúase en Baleares, con 4,253 €/m2, seguida por Madrid (3.367 euros/m2), Euskadi (2.919 euros/m2), Canarias (2.554 euros/m2) e Cataluña (2.378 euros/m2). Polo contrario, atopamos Castela-A Mancha (933 euros/m2), Estremadura (985 euros/m2) e Castela e León (1.187 euros/m2), como as comunidades máis económicas.

Por provincias, ata 38 rexistran prezos superiores ao mes anterior, destacando os incrementos en Almería (2,5%), Alicante (1,6%), Xirona, Valencia, Guipúscoa e Soria (1,5% nas catro provincias). As provincias nas que descendeu o prezo neste mes foron  Lleida (-1,7%), onde máis se reduciu o prezo, seguida por Palencia (-1,4%), Badaxoz (-1,3%), Burgos (-1,1%) e Zaragoza (-0,4%). Baleares reafírmase como a provincia máis cara para adquirir unha vivenda (4.253 euros/m2) por diante de Guipúscoa (3.605 euros/m2). Séguelles Madrid (3.367 euros/m2), Málaga (3.179 euros/m2), Vizcaya (2.800 euros/m2) e Barcelona (2.684 euros/m2). Cidade Real é a provincia máis económica, cun prezo de 749 euros por cada metro cadrado, seguida por Xaén (844 euros/m2) e Cuenca (849 euros/m2).

Por último, as capitais de provincia que rexistraron un maior incremento no prezo en venda foron Valencia, onde as expectativas dos vendedores creceron un 3,6%, seguida de Alacante (3,1%), Pontevedra (2,9%), Tarragona e Málaga (2,7% en ambos os casos). Huelva (-1,3%), pola contra, encabeza as caídas de prezos no último mes, seguida de Palencia (-1,1%), Las Palmas de Gran Canaria (-0,8%), Xirona (-0,7%) e Logroño (-0,5%). A cidade máis cara é San Sebastián, con 5.522 €/m2, seguida por Madrid (4.397 €/m2) e Barcelona (4.363 €/m2). Pola súa banda, as cidades máis baratas son Zamora (1.143 euros/m2), seguida por Xaén (1.181 euros/m2) e Lleida (1.209 euros/m2).

Fonte.- Idealista