A actividade inmobiliaria caeu un 5,8% en 2023 segundo os rexistradores | Observatorio de Vivenda

A actividade inmobiliaria caeu un 5,8% en 2023 segundo os rexistradores

A actividade inmobiliaria caeu un 5,8% en 2023 segundo os rexistradores

O Índice Rexistral de Actividade Inmobiliaria, elaborado polo Colexio de Rexistradores, amosou un descenso do 5,8% no último trimestre de 2023 respecto ao mesmo período do ano anterior, e unha diminución do 1% respecto ao anterior trimestre, acumulando catro trimestres consecutivos de caídas, tras alcanzar oito trimestres consecutivos de crecemento. Esta evolución trimestral negativa no cuarto trimestre debeuse principalmente á área de propiedade, que diminuíu o 2,3%, motivado fundamentalmente por unha caída do 6% no número de compravendas, mentres que a área mercantil repuntou o 3%, cun aumento do 3,2% na construción e do 2,4% no sector inmobiliario.

No último trimestre o índice situouse en 118,3 fronte ao 119,6 que alcanzou o trimestre anterior. Doutra banda, o índice suavizado, eliminando a estacionalidade, situouse en 115,6 fronte aos 117,3 alcanzado no trimestre anterior. A conclusión que amosa este índice segundo os rexistradores é que continúa a desaceleración da actividade iniciada no terceiro trimestre de 2022. 

En relación aos compoñentes da evolución do IRAI amosada nos datos anuais ó fin do cuarto trimestre, o descenso anual do 5,8% debeuse principalmente ao descenso na área de propiedade (-7,8 %), cunha diminución moi significativa no número de compravendas (-12,0%) e o número de hipotecas (-19,6%). Pola súa banda, na área das sociedades mercantís produciuse un lixeiro incremento do 0,4%, debido, sobre todo, a un crecemento do 0,6% no sector da construción.

Fonte.- Idealista