Alfa Inmobiliaria sinala que aumenta o interese por comprar vivenda en aldeas e pequenas cidades | Observatorio de Vivenda

Alfa Inmobiliaria sinala que aumenta o interese por comprar vivenda en aldeas e pequenas cidades

Alfa Inmobiliaria sinala que aumenta o interese por comprar vivenda en aldeas e pequenas cidades

O que está detectando Alfa Inmobiliaria é que a demanda para comprar vivenda estase desprazando das grandes cidades aos municipios de menor tamaño. A rede inmobiliaria asegura que nos últimos dous anos duplicouse o número de interesados en adquirir unha vivenda en aldeas e pequenas cidades, un cambio que ven provocado por diversos factores económicos e sociolóxicos. 

Acorde a Jesús Duque, vicepresidente da rede inmobiliaria, "a principal razón deste fenómeno son os prezos da vivenda nas cidades, a falta de vivenda alcanzable nas áreas urbanas e o elevado custo de vida asociado a estas urbes en cuestións como o transporte, a alimentación ou o ocio. A escaseza de oferta nas zonas metropolitanas está a levar nos últimos tempos a unha escalada nos prezos que supera en demasiados casos a capacidade adquisitiva de gran parte da poboación, especialmente entre os mozos e as familias con menores ingresos". Tamén está a impulsar esta tendencia a maior facilidade para traballar en remoto.

A rede inmobiliaria asegura que empezou a notar un aumento da demanda nas poboacións da serra do norte de Madrid e da comarca da Garrotxa en Cataluña, porque son zonas que están ben comunicadas con Madrid e Barcelona respectivamente, e "contan con servizos públicos e infraestruturas que permiten trasladarse en pouco tempo ás cidades, ademáis das vantaxes dunha vida máis tranquila e conectada coa natureza". Posteriormente a tendencia trasladouse a aldeas de Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía. A compañía asegura que nalgunhas destas zonas é posible adquirir unha vivenda duns 100 m2 por prezos que oscilan entre os 45.000 e os 100.000 euros. 

Fonte.- Idealista