Ampliación da dotación orzamentaria para a convocatoria do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio para os exercicios 2024 e 2025. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Ampliación da dotación orzamentaria para a convocatoria do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio para os exercicios 2024 e 2025. Xunta de Galicia

Ampliación da dotación orzamentaria para a convocatoria do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio para os exercicios 2024 e 2025. Xunta de Galicia

Incremento en 30 millóns de euros, ata chegar a 66,4 millóns, os fondos destinados á actual convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios de tipo residencial, o que supón practicamente triplicar o orzamento destinado a esta mesma liña de incentivos o ano pasado.

Destinado a apoiar a particulares, comunidades de veciños ou cooperativas propietarias de inmobles construídos antes do ano 2000 na execución de diferentes actuacións sobre a envolvente de edificios e construcións unifamiliares (como a renovación de fachadas e cubertas), así como á substitución de equipos de calefacción e auga quente por outros que non utilicen enerxía fósil para lograr reducir os consumos en, como mínimo, un 30%.

Máis información

Diario Oficial de Galicia