Apróbase o primeiro PXOM de Baños de Molgas  | Observatorio de Vivenda

Apróbase o primeiro PXOM de Baños de Molgas 

Apróbase o primeiro PXOM de Baños de Molgas 

Tras 12 anos de traballo estudando os 67,6 km2 do municipio e as 13 parroquias nas que se divide o seu territorio, o pasado 31 de xullo firmouse a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Baños de Molgas (Ourense). Trátase dun documento que está chamado a guiar a evolución urbanística do concello durante os próximos 20 anos e que sustituirá ao Plan Básico Autonómico polo que se rexía ata agora. 

O Plan prevé medidas como o fomento do alugueiro a través de incentivos aos propietarios ou o impulso ás actuacións de rehabilitación. O PXOM tamén prevé a delimitación dun área de uso terciario ao lado do río Arnoia. 

Na mesma liña, o documento aposta polo potencial turístico do municipio, propoñendo a identificación, protección e revalorización dos elementos arqueolóxicos, arquitectónicos e etnolóxicos singulares do concello polo seu interese cultural ou patrimonial. Co mesmo obxectivo, o novo PXOM prevé desenvolver varios instrumentos de ordenación para protexer zonas ou elementos que pola súa singularidade merecen un tratamento especial. 

En canto ao solo urbano e urbanizable, que representa só o 0,52% da superficie total do municipio, o plan limita a súa capacidade máxima de uso residencial a algo máis de 500.000 m2, cunha previsión de 404 novas vivendas nos seus 20 anos de vixencia. Finalmente, o planeamento reserva 51.890,94 m2 para espazos libres e zonas verdes e outros 29.235,20 m2 a equipacións comunitarias. 

 

Fonte | Xunta de Galicia