A arquitectura plantea un novo diseño de vivenda ante as carencias observadas durante o confinamento | Observatorio de Vivenda

A arquitectura plantea un novo diseño de vivenda ante as carencias observadas durante o confinamento

A arquitectura plantea un novo diseño de vivenda ante as carencias observadas durante o confinamento

Ao ter que pasar as 24 horas do día confinados nas nosas casas, estamos aprendendo a convivir con elas para algo máis que comer e dormir. Agora a nosa vivenda é unha casa, un lugar de traballo, unha zona de ocio e un parque infantil. Esta situación excepcional deu paso a que observemos todas as carencias que existen no lugar onde habitamos e terá consecuencias futuras en todas aquelas persoas que estén pensando en comprar unha vivenda. 

Varios arquitectos, a través dos diferentes Colexios de Arquitectos, manifestan que eles sempre defenderon a arquitectura como un espacio para habitar e que agora entenderase mellor por qué intentan poñer en valor a calidade do espazo, a necesidade da proporción, a boa luz, a boa orientación ou as ventilacións cruzadas. É importante rechazar a lóxica económica e poñerse máis do lado da calidade do espazo. 

Os Colexios de Arquitectos solicitaron ao Goberno a redacción dunha Ley de Arquitectura e Calidade do entorno construído co obxectivo de que a normativa española permita diseñar espazos máis flexibles e que cada persoa os configure segundo as súas necesidades. 

 

Fonte | El Español