Así variou o prezo da vivenda usada nos cinco grandes mercados de España | Observatorio de Vivenda

Así variou o prezo da vivenda usada nos cinco grandes mercados de España

Así variou o prezo da vivenda usada nos cinco grandes mercados de España

O prezo en venda da vivenda en España ten dúas realidades ben diferentes polo efecto da pandemia. Coa obra nova que aguanta o chaparrón pola elevada demanda e medida oferta, é a usada a que experimentou retrocesos que varían entre o 5% e o 15%.

As capitais de provincias onde o prezo de oferta da vivenda usada retrocedeu máis son as seguintes: Palma de Mallorca cun 15%, e entre un 9% e un 12 % están Girona, Castellón, Alicante, Toledo e Málaga. Madrid retrocede un 4,9% e Barcelona un 6,1%. As cidades que mellor se comportan son Bilbao, Oviedo, Donostia, Ceuta e Melilla.

Así, durante os seis primeiros meses do ano, observouse unha diminución da demanda de vivenda en Madrid, principalmente de segunda man, motivada pola crise sanitaria que desecadeou a Covid-19, e os prezos medios de segunda man ofertados sieguen unha distribución similar á da obra nova, mentres que no caso de Barcelona, a consultora destaca no seu informe a excesiva regulación por parte da Generalitat en materia de vivenda e urbanismo. Ao evaluar a tendencia real do prezo de oferta, detectáronse retrocesos próximos ao 6% no municipio de Barcelona nos prezos de oferta de segunda man de vivendas plurifamiliares en bo estado de conservación.

O mercado residencial en Valencia tamén está experimentando unha ralentización significativa, así como un menor dinamismo, resalta o informe da consultora, mentres que a pesar da crise sanitaria, as transaccións de vivenda nova en Málaga crecen un 7% no primeiro semestre. Porén, o informe da consultora constata que as operacións de vivenda usada desplomáronse un 40%.

Fonte | El Español