Axudas complementarias ás do Programa do bono de alugueiro social. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Axudas complementarias ás do Programa do bono de alugueiro social. Xunta de Galicia.

Axudas complementarias ás do Programa do bono de alugueiro social. Xunta de Galicia.

 

Prazo de presentación: ABERTO. 01/01/2022 - 31/12/2022.

 

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a concesión directa das subvencións complementarias
á do Programa do bono de alugueiro social para todas aquelas persoas que,
cumprindo os requisitos necesarios, non puideron percibir a correspondente axuda por
esgotamento do crédito previsto na Resolución do 28 de decembro de 2021, de concesión
directa da axuda complementaria á do Programa do bono de alugueiro social durante o
ano 2022.


2. Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias
do Programa de bono de alugueiro social e teñen a finalidade de subvencionar,
conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo
deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables.

 

Requisitos

1. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que á data publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia teñan unha resolución de concesión
inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social, así como
aquelas outras que resulten beneficiarias do citado programa en virtude da convocatoria
correspondente a anualidade 2022.


2. Será requisito necesario para ser persoa beneficiaria destas axudas que no expediente
de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado
pola persoa interesada.


3. Non poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas a quen lle fose declarada a
perda do dereito ou a revogación da subvención concedida no marco do anterior programa
ou nas que concorra algunha das situacións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do
17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Tampouco poderán ser beneficiarias destas subvencións complementarias aquelas persoas
beneficiarias do Programa do bono de alugueiro social, cando a renda do seu contrato
de alugamento sexa satisfeita integramente coa axuda do citado programa.

 

Fonte.- Xunta de Galicia