Baleares aproba unha lei que introduce a Vivenda de Prezo Limitado e regula a actividade inmobiliaria | Observatorio de Vivenda

Baleares aproba unha lei que introduce a Vivenda de Prezo Limitado e regula a actividade inmobiliaria

Baleares aproba unha lei que introduce a Vivenda de Prezo Limitado e regula a actividade inmobiliaria

O Parlamento das Illas Baleares aprobou a Lei 3/2024, do 3 de maio, de medidas urxentes en materia de vivenda, que establece a creación do concepto de vivenda de prezo limitado para contribuír a aumentar a oferta de vivenda a prezo alcanzable, debido ao encarecemento dos inmobles na comunidade. O problema ao que se enfrontan as persoas que buscan una casa na comunidade balear é moi evidente: o prezo da vivenda usada aumentou case un 12% no último ano, e o alugueiro incrementouse ata un 17%, segundo datos do portal Idealista. 

As VPL ou Vivendas de Prezo Limitado teñen como característica máis importante unha limitación do prezo máximo de compravenda e alugueiro. Trátase fundamentalmente dunha vivenda que, ademáis da limitación de prezos, ten outras condicións que a diferencian da vivenda libre ordiaria, como o son a limitación a unha superficie máxima de 90 m² útiles, o destino a domicilio habitual e permanente dos usuarios ou beneficiarios, e que estes non poden ser titulares do pleno dominio ou dun dereito real de uso e goce sobre algunha vivenda libre ou sometida a algún réxime de protección, situada no Estado español.

A Lei plantexa dous tipos de VPL, en primeiro lugar aquelas vivendas creadas a partir de intervencións en edificacións xa existentes, e aquelas creadas a partir de obras de nova planta, que supoñen un maior custo de investimento. Ademais, a nova regulación crea o Rexistro autonómico de vivendas de prezo limitado, coa finalidade de que a información que figure no mesmo forme parte dun rexistro integrado único e informatizado, de carácter administrativo, autonómico e público. Os concellos, cada trimestre, remitirán, a través do trámite telemático que se cre, a relación de solicitudes de licenza e comunicación previa relativas a vivendas de prezo limitado que recibisen.

Adicionalmente, a Lei regula os requisitos para exercer como axente inmobiliario, así como a creación do Rexistro oficial de axentes inmobiliarios das Illas Baleares, a ampliación do dereito de superficie a 75 anos, e a regulación dos coliving (coalojamiento) ou cohousing (covivienda). 

Fonte.- Idealista