Bruselas informa de que o prezo da vivenda en España está sobrevalorado nun 20% | Observatorio de Vivenda

Bruselas informa de que o prezo da vivenda en España está sobrevalorado nun 20%

Bruselas informa de que o prezo da vivenda en España está sobrevalorado nun 20%

Bruselas considera que o mercado inmobiliario dun país está sobrevalorado cando os prezos aléxanse dos ingresos dos futuros compradores. Segundo os datos da Comisión Europea, no conxunto da zona do euro os prezos da vivenda creceron a unha media do 9% o ano pasado, o que representa unha pequena desaceleración con respecto ao ano anterior, principalmente por mor da inflación. Ao finalizar o ano 2022, os prezos estaban sobrevalorados en 3/4 dos países da UE. 

En España, a sobrevaloración dos prezos da vivenda actualmente corresponde ao 20%, aproximadamente. Mentres que hai paises nos que a sobrevaloración é maior que en España, como é o caso de Luxemburgo, República Checa ou Suecia, nestes países os prezos están comenzando a caer. Por outro lado, en países como Dinamarca, Eslovaquia e Alemania, os prezos tamén estáan a caer, pero a sobrevaloración é menos importante. O que resaltan desde Bruselas, é que no caso de España ou Grecia, a evolución dos prezos da vivenda pode convertirse nun factor de risco se as condicións económicas se deterioran. 

A expectativa de cara ao futuro próximo da Comisión é unha nova corrección á baixa dos prezos da vivenda, especialmente nos paises nos que os aumentos estiveron asociados ao periodo no que os tipos de interese eran moi baixos. 

Fonte.- El Confidencial