Cae a rentabilidade na compra de vivenda, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

Cae a rentabilidade na compra de vivenda, segundo Idealista

Cae a rentabilidade na compra de vivenda, segundo Idealista

Segundo o estudo publicado por Idealista neste inicio de ano, os investimentos na compra de vivenda para poñela inmediatamente no mercado do alugueiro ofreceron unha rentabilidade do 7,1% no ano 2023, fronte ao 7,2% do ano 2022, é dicir, sufríu unha pequena caída. Con todo, este tipo de investimento segue sendo unha opción moi atractiva para os inversores, posto que a rentabilidade no sector inmobiliario é maior que a que ofrece a deuda pública. Os bonos do Estado a 10 anos ofrecen na actualidade unha rentabilidade do 3,1%. 

En Galicia, as cifras son algo máis discretas. A provincia que segundo o estudo de Idealista ofrece unha maior rendibilidade é Lugo, na que investir no sector inmobiliario para despois alugar o piso pode ofrecer unha rentabilidade media do 6,3 %, seguida neste ranking por Ourense, onde esa porcentaxe chega ata o 5,8 %. As outras dúas provincias teñen un valor máis baixo, 4,8% en A Coruña e 5,1% en Pontevedra. 

A pesar dos relativamente altos rendementos que ofrece o alugueiro de vivendas, os locais comerciais son os que mellores resultados proporcionan en case todas as capitais. No conxunto de España, a rentabilidade media sitúase no 9,9 %; unha cifra moi parecida á da provincia de Lugo, a que maior rentabilidade proporciona en Galicia, que queda no 9,8 %. Comprar un local comercial para arrendalo en Ourense, pode supoñer un retorno do 8,1 %; mentres que na Coruña e en Pontevedra, a cifra supera o 7,5 %.

Fonte.- La Voz de Galicia