Cataluña aproba un decreto para evitar que os propietarios de vivenda esquiven o límite de prezos a través dos alugueiros de tempada | Observatorio de Vivenda

Cataluña aproba un decreto para evitar que os propietarios de vivenda esquiven o límite de prezos a través dos alugueiros de tempada

Cataluña aproba un decreto para evitar que os propietarios de vivenda esquiven o límite de prezos a través dos alugueiros de tempada

O Goberno catalán aprobou este mércores un decreto lei de urxencia para regular os alugueiros de tempada, co obxectivo de evitar que os propietarios de vivenda os utilicen para esquivar a regulación de prezos do mercado do alugueiro nas zonas tensionadas. O decreto entrará en vigor durante os próximos días e terá que ser ratificado con apoio político nun mes. Prodúcese desta forma unha modificación das leis catalanas de vivenda e fianzas, que prevé multas de entre 3.000 e 90.000 euros para os propietarios que non a cumpran. 

O punto importante da regulación é a consideración de que tan só o uso turístico ou recreativo pódese considerar alugueiro de tempada. Desta forma, un alugueiro por unha estancia limitada, que non sexa por motivo vacacional senón por estudo ou traballo, considérase como vivenda permanente, e polo tanto debe cumprir coas obligacións da lexislación española relativas a este tipo de alugueiro. Para xustificar a condición de vivenda, o propietario deberá documentar o motivo da temporalidade ao depositar a fianza no Instituto Catalán do Solo, e posteriormente quedará suxeito á lei española de vivenda en aspectos como a contención da renda ou os gastos inmobiliarios aos que se remita o propietario. O decreto busca tamén regular o alugueiro de habitacións, de forma que a cantidade que se pague non poida superar o prezo do índice oficial nas zonas tensionadas. 

A Generalitat sinala que ten competencias exclusivas en materia de vivenda, consumo e lexislación civil, e, a través deste decreto, busca que os inquilinos poidan beneficiarse da contención de prezos, pero tamén doutras cuestións da lei de vivenda, como deixar de pagar os gastos inmobiliarios, pagar só un mes de fianza ou que non se lles poidan imputar gastos. 

Fonte.- El País