Cataluña reduce de 10 a 5 o número de inmobles para ter consideración de gran propietario adaptando a Lei de Vivenda | Observatorio de Vivenda

Cataluña reduce de 10 a 5 o número de inmobles para ter consideración de gran propietario adaptando a Lei de Vivenda

Cataluña reduce de 10 a 5 o número de inmobles para ter consideración de gran propietario adaptando a Lei de Vivenda

Cataluña modificaba e adaptaba o pasado mes de agosto a Lei de Vivivenda aprobada polo Congreso, reducindo de 10 a 5 ou máis os inmobles para ter consideración de gran propietario. Esta modificación xa está prevista na nova Lei de Vivenda aprobada polo Congreso. Hai unha excepción no caso dos promotores sociais que teñan como obxectivo "a promoción de inmobles de protección social destinados ao alugueiro", os cales evadirán este cambio. Ao contrario, os que se dediquen a vender os pisos se que serán considerados grandes propietarios.

O máis relevante da distinción de gran propietario é que o prezo do alugueiro dun novo contrato non poderá superar o índice de referencia do prezo do alugueiro, índice do cal Cataluña dispón dun propio; ademais, os grandes propietarios terán a obrigación de renovar os contratos de alugueiro social e terán que ofrecer ao inquilino un alugueiro social no caso de falta de pagamento ou outros problemas antes de interpoñer determinadas demandas xudiciais.

Fonte.- el Economista