A cidade de San Francisco facilitará a reconversión de oficinas baleiras en vivendas para loitar contra a falta de stock | Observatorio de Vivenda

A cidade de San Francisco facilitará a reconversión de oficinas baleiras en vivendas para loitar contra a falta de stock

A cidade de San Francisco facilitará a reconversión de oficinas baleiras en vivendas para loitar contra a falta de stock

A alcaldesa de San Francisco, London Breed, presentou recentemente un plan para impulsar a reconversión de oficinas baleiras en vivendas, baseado nunha exención fiscal para aqueles promotores inmobiliarios que reconvirtan uns 464.000 m2 de superficie comercial ata 2030. Esta decisión parte da escaseza de oferta de vivenda na cidade, sobre todo no centro. 

A taxa de desocupación de oficinas na cidade americana alcanzou o seu record en decembro, cun 36%, y a previsión é que continúe aumentando. O impulso do teletraballo durante e trala pandemia levou a moitas empresas a reducir a pegada inmobiliaria, o que parece ser o motivo principal para o aumento das oficinas baleiras. A alcaldesa afirma que a proposta axudará a reactivar o centro urbano e que pasará de ser un distrito de negocios a un barrio con múltiples opcións. 

Os edificios de oficinas de San Francisco destacan por unha maior facilidade para ser transformadas en vivendas habituais, sobre todo pola súa forma e tamaño, altura e proximidade ao transporte público. Segundo un informe da Asociación de Investigación e Planificación Urbana da bahía de San Francisco, preto do 40% dos edificios de oficinas avaliados pola empresa Gensler poderían reconvertirse sen problemas. 

A principal problemática para este proxecto é a viabilidade financieira das reconversións, debido a que a cidade conta con estrictas normas de planificación e construción, ao que engádense o aumento dos custes de produción e das materias primas. 

Fonte.- Idealista