A "cláusula covid", un novo aliado para finalizar o arrendamento de maneira amistosa | Observatorio de Vivenda

A "cláusula covid", un novo aliado para finalizar o arrendamento de maneira amistosa

A "cláusula covid", un novo aliado para finalizar o arrendamento de maneira amistosa

A pandemia da covid-19 trouxo cambios no sector inmobiliario e un deles é a inclusión por parte dalgunhas inmobiliarias e arrendadores da cláusula covid nos contratos de arrendamento. O obxectivo é que, no caso doutro estado de alarma, o inquilino poda abandonar o inmoble (principalmente un piso compartido ou unha oficina) e cancelar o contrato de alugueiro sen penalización, mentres que o propietario poderá ter a propiedade de novo dispoñible para alugar.

Trátase dunha cláusula incluida no anexo ao contrato de alugueiro que especifica as condicións no caso dun rebrote ou dunha nova pandemia. En concreto, estipula a cantidade que o inquilino pagará ao propietario no caso de que se repita o confinamento e este abandone o inmoble antes da finalización do contrato. Cada arrendador decide a cantidade a percibir e negóciaa co inquilino antes da firma. De media, o normal é acordar o pago do 60% da renda habitual.

Normalmente nos contratos de arrendamentos de vivenda non é habitual utilizar esta cláusula, precisamente porque non é admitida pola maioría dos propietarios.

Fonte | Idealista