As claves do proxecto de Lei Estatal polo Dereito á Vivenda | Observatorio de Vivenda

As claves do proxecto de Lei Estatal polo Dereito á Vivenda

As claves do proxecto de Lei Estatal polo Dereito á Vivenda

O proxecto de Lei Estatal polo Dereito á Vivenda recolle entre entre as súas medidas a declaración de zonas tensionadas onde poder limitar ou conxelar os alugueiros ou o blindaxe do parque de vivenda protexida para que, a largo prazo, España poida contar con pisos sociais. As claves da lei son:

- Grandes tenedores: trátase dun dos conceptos clave para entender a repercusión desta lei, conseiderarase grandes propietarios a aquelas persoas físicas ou xurídicas que sean titulares de máis de dez inmobles urbanos de uso residencial ou cunha superficie contrsuida de máis de 1.5000 metros cadrados de vivenda, excluíndo garaxes e trasteiros.

- Zonas tensionadas: as comunidades autónomas poderán solicitar a declaración de zonas tensionadas nas áreas onde o mercado esté tensionado, é dicir, onde os prezos sexan excesivamente eleveados e dificulten o acceso á vivenda.

- Limitación de prezos: se a vivende se encontra nunha área tensionada e é titularidade dun gran tenedor, a renda poderá ter un tope determinado por un sistema de índices de prezos de referencia. O resto dos caseiros non estarán suxeitos a esté prezo máximo. Ademáis, o proxecto de lei establece que se o inquilino acaba o contrato nunha destas zonas, poderá pedir unha prórroga de tres anos conxelando o prezo do contrato, iso sí, actualizado polo IPC.

- Prazo de ano e medio: A limitación das rendas non será inmediata, pois o Goberno dispón dun prazo de 18 meses dende a aprobación da lei para elaborar o índice de prezos de referencia.

- Blindaxe á VPO: co fin de garantir un parque estable de vivenda protexida, o Goberno pretende evitar dúas circunstancias: que as administracións poidan vender pisos sociais a fondos de inversión e que os particulares poidan lucrarse aproveitando que algunhas comunidades decidan liberalizarlas antes que outras. De tal forma, a norma establece a "calificación indefinida da VPO", as promovidas nun solo protexido o serán de forma permanente, e cun período mínimo de 30 anos.

- Recargo do IBI: os concellos poderan aplicar un recargo do IVI ás vivendas que estén vacías por un período de máis de dous anos a propietarios cun mínimo de catro vivendas. A penalización, agora situada no 50%, poderá chegar ata o 150%.

Fonte | El País