Comprar un piso en Vigo esixe un maior esforzo que na maioría de cidades | Observatorio de Vivenda

Comprar un piso en Vigo esixe un maior esforzo que na maioría de cidades

Comprar un piso en Vigo esixe un maior esforzo que na maioría de cidades

Cos datos do 1 de xaneiro de 2024, o prezo medio da vivenda en Vigo é de 2.275 euros, o que a sitúa como a segunda cidade con maior prezo, tan só por debaixo de A Coruña (2.300€). Isto supón un promedio de 450 euros máis que en Pontevedra (1.825€), máis de 1.000 euros máis que en Lugo (1.250€), e case o triplo que en Ferrol (900€). A alternativa á compra de vivenda é o alugueiro, pero neste caso, Vigo tamén lidera a escala, con 9,75€ por metro cadrado, o que a sitúa por diante de A Coruña (9,2€), Santiago (8,5€), Pontevedra (7,8€), Ourense (5,6€) ou Ferrol (5,6€). Polo tanto, no panorama actual, facerse cunha vivenda en Vigo, sexa comprando ou vía alugueiro, require un esforzo máximo, máis alto que no resto de cidades galegas. 

Este continuado incremento dáse por unha acumulación de diversas causas como son o aumento dos custos de construción, a alza de prezos tanto en vivendas novas como usadas, a escaseza e encarecemento das materias primas, etc. Segundo os expertos, entre eles portais especializados e a federación galega inmobiliaria (Fegein), as tensións en prezos produciranse principalmente no mercado do alugueiro, e coas sete principais cidades de Galicia como os municipios máis afectados no aumento dos prezos e con oferta menguante. En canto ao mercado da compravenda de vivenda en propiedade, estímase que os prezos da vivenda nova terán un crecemento moderado respecto os prezos actuais, e que serán máis estables na vivenda usada.

Fonte.- Atlántico