A compravenda de vivenda nova chega ao seu punto máis baixo na cidade de A Coruña | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivenda nova chega ao seu punto máis baixo na cidade de A Coruña

A compravenda de vivenda nova chega ao seu punto máis baixo na cidade de A Coruña

Dende que o Ministerio de Vivenda aporta datos, en 2004, durante os primeiros nove meses de 2023 as compravendas de pisos novos na cidade de A Coruña alcanzaron as 57 vivendas, o número máis baixo na escala temporal. No mesmo período do ano 2020 a cifra era de 74 vivendas novas, e dende 2016 en ningún ano superáronse as 200 vivendas novas, mentres que antes de 2011 o máis habitual era que esa cifra superase as 1.000 vivendas. 

Tanto arquitectos como promotores e axentes da propiedade inmobiliaria atribúen a este principal problema da escaseza de vivenda nova distintos factores. Entre estes factores atópase a subida dos costes dos materiais, a falta de financiación ou as dificultades que proporciona a administración.

En particular, o secretario xeral da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios de A Coruña (Aproinco), Juan José Yáñez, atribúe esta situación á "falta de promocións" para o que sería necesario unha baixada de prezos, mentres que outros expertos no sector inmobiliario, como Mirko Sanhueza, de Urbeko Inmobiliaria, afirma que hai demanda de vivenda nova, pero son de "medio-alto standing". En relación a isto, Patricia Vérez, presidenta do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria de A Coruña achaca o descenso na compravenda de vivenda nova á dificultade das familias para acceder a pagar os pisos. 

Por outro lado, a presidenta da delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Ruth Varela, da a razón aos promotores en canto non hai oferta de vivenda nova na cidade, pero atribúe o descenso nas operacións á falta de movemento dos empresarios debido ao incremento dos prezos de suministros e os tipos de interese.

Fonte.- La Opinión de A Coruña