A compravenda de vivendas cae un 10% e a concesión de hipotecas un 17% en 2023 | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas cae un 10% e a concesión de hipotecas un 17% en 2023

A compravenda de vivendas cae un 10% e a concesión de hipotecas un 17% en 2023

En 2023 vendéronse 586.913 inmobles residenciais, e as entidades financieiras concederon 381.560 préstamos, segundo o informe anual publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras supoñen que a compravenda de vivendas caeu un 9,7% en 2023, mentres que a concesión de hipotecas descendeu un 17,8%. Trátase do primeiro descenso anual dende a pandemia do Covid-19, o que desatou un boom no mercado inmobiliario español.

A pesar destes descensos, o mercado continúa amosando certo dinamismo, posto que a cifra de compravendas, foi o terceiro mellor rexistro da serie histórica, tan só superada por 2007 e 2022, mentres que a cifra de hipotecas é o sétimo máis alto dende 2007. As vendas de vivendas dos últimos doce meses son un 25% superiores á media dende 2007, mentres que a concesión de hipotecas un 14,35% por baixo, debido principalmente ás elevadas cifras do período 2007-2010, onde se concederon máis de 600.000 créditos por ano. 

As compravendas de obra nova situáronse en 110.894 unidades e as de usada en 476.019. A caída nas vendas concéntrase na vivenda de segunda man, que retrocedeu en 2023 un 10,8%, mentres que a vivenda nova caeu un 4,8%. A maior parte das vivendas que se compraron foron en réxime libre, o 92,4%, mentres que o 7,6% restante foron protexidas. 

No caso das hipotecas, o capital prestado durante o último ano polas diferentes entidades financeiras ascende ata os 54.209 millóns de euros, un importe un 19,4% inferior ao de 2022. O importe medio dos préstamos foi de 142.074 euros, similar á cifra do ano anterior, unicamente un 2% por baixo. O 45,8% das hipotecas foron de tipo variable, cuxo valor foi do 3,07% en promedio, e o 54,2% a tipo fixo a un interese do 3,54%.

Fonte.- El Periodico