A compravenda de vivendas caeu en 2023 o 16,5% con respecto a 2022 na provincia de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas caeu en 2023 o 16,5% con respecto a 2022 na provincia de Pontevedra

A compravenda de vivendas caeu en 2023 o 16,5% con respecto a 2022 na provincia de Pontevedra

Segundo os datos do último informe do INE, co balance definitivo de 2023, a compravenda de vivenda, tanto nova como usada, ralentizouse en Pontevedra con respecto ao ano 2022. O ano pasado vendéronse 5.838 vivendas na provincia, a través dos datos facilitados polos rexistros de propiedade ao departamente estatal que os contabiliza. Isto supón unha caída do 16,5% respecto ao exercicio anterior, onde se venderon 6.984 vivendas.

Con estes datos, podése considerar o ano 2022 como o mellor da última década, aínda que as operacións de compravenda seguen estando moi lonxe das que se rexistraron en 2007. Pola súa banda, os resultados do ano pasado tampouco ofrecen cambios en canto ao xiro que se deu na provincia no verán do 2014. Antes desa data o habitual era que as operacións de vivenda nova fosen as maioritarias, pero desde entón e ata o momento non volveron a superar ás transaccións do mercado de segunda man no ámbito pontevedrés. Con respecto ao comportamento a nivel estatal, as operacións caeron, polo que Pontevedra enmárcase dentro do panorama nacional, aínda que a caída é maior que a media de Galicia, que se sitúa nun -9,7 %.

O informe anual do Instituto Nacional de Estatística mostra o gran peso que supón no mercado inmobiliario o sector da segunda man. Das 5.838 compravendas rexistradas no 2023, só 1.321 referíronse a obra nova, mentres que 4.517 o foron para vivenda usada. As cifras achegadas polo Instituto Nacional de Estatística revelan que apenas algo máis do 3 % das compravendas de vivenda na provincia de Pontevedra o ano pasado correspondeuse a vivenda protexida. É unha cifra que demostra o predominio absoluto da vivenda libre nas operacións do mercado inmobiliario. Segundo o informe do ano 2023 só 192 vivendas que se venderon nese período cualificáronse como protexidas, mentres que 5.646 pertencían ao mercado da vivenda libre.

Fonte.- La Voz de Galicia