Conforme Idealista, o prezo da vivenda de segunda man aumenta un 1,8% durante o primeiro trimestre do ano | Observatorio de Vivenda

Conforme Idealista, o prezo da vivenda de segunda man aumenta un 1,8% durante o primeiro trimestre do ano

Conforme Idealista, o prezo da vivenda de segunda man aumenta un 1,8% durante o primeiro trimestre do ano

Segundo o último índice de prezos de Idealista, o prezo da vivenda usada en España rexistra unha subida do 1,8% durante o primeiro trimestre de 2024, entre xaneiro e marzo, deixando actualmente o metro cadrado en 2.079 €. Doutra banda, atendendo á variación anual, os prezos deste tipo de vivenda incrementáronse un 7% no último ano. 

Neste periodo, os prezos aumentaron en tódalas comunidades, excepto en Navarra, onde caeron un 0,5%. As maiores subidas rexistráronse en Canarias (+4,4%), Madrid (+3,8%) e Baleares (+3,1%). Os menores ascensos, todos eles por debaixo do 1%, son os experimentados en Asturias (0,3%), A Rioxa (0,5%), Galicia (0,5%), Cataluña (0,6%) e Aragón (0,8%). Baleares segue situada como a autonomía máis cara, con 4.211 euros/m2, e séguenlle Madrid (3.331 euros/m2), rexistrando ambos o seu máximo histórico. En terceira posición está Euskadi (2.901 euros/m2) seguida de Canarias (2.539 euros/m2). No lado oposto da táboa atopamos a Castela-A Mancha (930 euros/m2), Extremadura (987 euros/m2) e Castela e León (1.188 euros/m2), as comunidades máis económicas.

Tan só en 10 capitais de provincia descenderon os prezos neste primeiro trimestre, destacando Santa Cruz de Tenerife (-4,2%), Pamplona (-2%), Pontevedra (-1,6%), Castellón da Plana (-1%), Lugo e Soria (-0,7% en ambos casos). As maiores subidas nos prezos rexistráronse en Teruel e Santander, alcanzando un aumento do 5,5%. Séguenlles Madrid, cunha subida do 5,3% e Valencia, do 5%. Posteriormente sitúanse Alicante (4,3%), Barcelona (3,6%), Málaga (3,4%), San Sebastián (1,9%), Bilbao (1,6%), Sevilla (1,6%) e Palma (0,8%). San Sebastián é a capital española máis cara (5.465 euros/m2), seguida de Madrid (4.335 euros/m2), Barcelona (4.317 euros/m2), Palma (3.910 euros/m2) e Bilbao (3.292 euros/m2). Na outra parte da tabla atópase Zamora, a capital máis económica, cun precio de 1.133 euros/m2.

Fonte.- Idealista