A Consellería de Medio Ambiente recaba a opinión de asociacións veciñais galegas para esixir unha solución rápida e eficaz á ocupación de vivendas | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente recaba a opinión de asociacións veciñais galegas para esixir unha solución rápida e eficaz á ocupación de vivendas

A Consellería de Medio Ambiente recaba  a opinión de asociacións veciñais galegas para esixir unha solución rápida e eficaz á ocupación de vivendas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión con representantes de asociacións veciñais de Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol co obxectivo de coñecer de primeira man a súa opinión sobre a ocupación ilegal de vivendas e trasladarlles a postura da Xunta a este respecto, así como o seu apoio para buscar posibles solucións.

O principal inconvinte é que as competencias autonómicas na materia son moi limitadas e xa non é un problema só de orde pública e social, senón que tamén é de seguridade xurídica pola indefensión que supón para os lexítimos donos destes inmobles.

Non obstante, resulta necesario que todas as administracións públicas tomen conciencia da necesidade de dar un paso adiante para atallar un problema que nos últimos meses se agudizou no conxunto do país e colaboren na busca dunha solución que pasa por impulsar as reformas lexislativas necesarias por parte do Estado.

Por último, o Goberno galego para facilitar o acceso á vivenda a aqueles colectivos que máis o necesitan, sobre todo nos últimos meses, durante os que moitos galegos se viron prexudicados a nivel económico pola pandemia da Covid-19, mobilizará diferentes tipos de axudas por un importe total de 20 millóns de euros que permitirán aliviar a situación de milleiros de familias á hora de pagar o seu alugueiro e que podería aliviar á súa vez o problema da ocupación ilegal de inmobles. 

Fonte | IGVS