A construción de vivenda aumentou en Galicia durante 2018 segundo os datos do Instituto Galego de Estatística | Observatorio de Vivenda

A construción de vivenda aumentou en Galicia durante 2018 segundo os datos do Instituto Galego de Estatística

A construción de vivenda aumentou en Galicia durante 2018 segundo os datos do Instituto Galego de Estatística

A construción de vivenda leva cinco anos consecutivos de crecemento en Galicia, acadando un peso no Produto Interior Bruto do 7 %, o máis alto ata o momento. Porén, este crecemento non se distribúe uniformemente en todo o territorio. Aínda que durante 2018 descendeu o número de concellos nos que non se construíu ningunha vivenda, esta cifra alcanzou 117 municipios (fronte aos 149 de 2017), un 37 % do total galego, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Esta proporción elévase ao 51 % se se fala daqueles concellos nos que se construíu como máximo unha vivenda, 161 concellos. O que siginifica que a nova construción se atopa paralizada case de xeito maioritario en Galicia. Estas cifras esaxéranse no caso dos concellos de interior. Na provincia de Ourense, o 54 % dos concellos non contaron con ningunha vivenda nova en 2018 mentres que entre os concellos de Lugo este valor é do 52 %. Nos casos da Coruña trátase do 22,5 % dos municipios (21) e en Pontevedra do 18 % (11).

A previsión para 2019, á espera da publicación dos datos definitivos, é que continúe esta desaleración ao tempo de decrece o volume de persoas empregadas no sector, que contaba no primeiro cuatrimestres de 2019 co valor máis baixo dos últimos 40 anos, cunha caída do 57 % dende o punto álxido da construción de vivenda nova en Galicia, acadado en 2007.

Fonte| La Opinión A Coruña