As constructoras piden reformas na obra pública co obxectivo de reducir riscos | Observatorio de Vivenda

As constructoras piden reformas na obra pública co obxectivo de reducir riscos

As constructoras piden reformas na obra pública co obxectivo de reducir riscos

Asociacións como Seopan e Anci, en cordinación coa patronal CNC, están facendo chegar ao Ministerio de Transportes un esbozo con medidas coas que mitigar os riscos de execución para as constructoras e para os proxectos, e reforzar a seguridade dos contratos. A principal demanda que se realiza é a recuperación da revisión automática de prezos da cesta de materiais básicos de obra, e a entrada en nela do coste enerxético e laboral, a cal foi incorporada na contratación pública en 1965 para paliar a volatilidade das materias primas, e retirouse en 2017. 

Pero ó marxe desta medida, o sector da construción tenta que se contemplen outras como os anticipos financeiros nos contratos de obra pública, cos que as contratistas que o precisen poderían cubrir os custos iniciais dos proxectos e obter fluxos de caixa nun momento de tipos altos de financiamento. Entre os cambios suxeridos polas asociacións tamén destaca unha alza da porcentaxe de gastos xerais ou de estrutura recoñecidos nos contratos. Neste caso, pesa un incremento de custos que non son absorbidos polos orzamentos dos proxectos, xa sexa por regulacións en prevención de riscos, sustentabilidade e reciclaxe, certificacións, formación do persoal ou o uso de novas tecnoloxías e materiais. Outra reclamación ás Administracións é a urxente actualización dos proxectos en carteira. 

Fonte.- El Pais