A demanda de vivenda protexida na provincia de A Coruña alcanza as 5.209 peticións | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda protexida na provincia de A Coruña alcanza as 5.209 peticións

A demanda de vivenda protexida na provincia de A Coruña alcanza as 5.209 peticións

Segundo o Rexistro Único de Demandantes de Galicia, do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), a pasada semana eran 5.209 as personas que na provincia de A Coruña están á espera de conseguir un fogar a un precio accesible. Das máis de 5.000 demandas, 2.443 pertencen á cidade da Coruña. 969 a Santiago de Compostela, e 452 a Ferrol. Os prezos prohibitivos que alcanzaron as vivendas na actualidade, sobre todo as situadas nas grandes cidades, seguen disparando a demanda de vivenda protexida.

Dentro da demanda de vivenda protexida, o tipo de vivenda con maior número de peticións son as vivendas de protección oficial de promoción pública, que acumulan 3.757 demandas das 5.209 totais. Trátase do tipo máis económico, destinado ás unidades familiares coas rendas máis baixas, posto que para acceder a estas vivendas os seus ingresos deben atoparse entre o 0,7 e o 2,5 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), e adxudícanse mediante sorteo ante notario. Desas 3.757 persoas, 2.395 inscribíronse para alugar a vivenda, mentres que tan só 389 persoas inscribíronse para comprar a vivenda, e 973 que antepoñen o alugueiro con opción a compra a futuro.

A listaxe complétase coas promocións postas no mercado por empresas privadas, pero que seguen sendo máis económicas que a vivenda libre xa que a lei pon límite ao seu prezo de venda. Neste caso hai tres tipos diferentes de vivenda, as de réxime especial, para ingresos non superiores a 2,5 veces ao Iprem; as de prezo xeral, que non poden exceder 4,5 veces ó Iprem; e as de prezo concertado, cun límite de 6,5 veces do Iprem. Neste tipo de vivenda, a demanda cae con respecto ás de promoción pública. Para o réxime especial hai 243 persoas anotadas; para o xeral, 880, das que só 486 queren comprar o inmoble, a para as promocións concertadas só hai 76 anotadas, que estarían dispostas a abonar un prezo similar ao do mercado. De todas elas, case a metade serían persoas que queren comprar unha vivenda na cidade de A Coruña.

Para o 2024 está previsto que se destinen 32 millóns de euros, á licitación de 737 vivendas previstas para ser construidas nas grandes cidades. Na provincia de A Coruña, 5,5 millóns destinaranse para 98 vivendas na Coruña; 7,6 millóns para 56 vivendas en Santiago; e 600.000 euros para 27 vivendas en Ferrol. A Xunta tamén reservará 31,6 millóns para a construción de vivendas cuxo fin será o alugueiro social, así como para axudar aos inquilinos a pagar as súas rendas.

Fonte.- La Voz de Galicia