A demanda de vivendas con finca ou xardín multiplícase por catro na zona de Ferrol | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivendas con finca ou xardín multiplícase por catro na zona de Ferrol

A demanda de vivendas con finca ou xardín multiplícase por catro na zona de Ferrol

As inmobiliarias da zona de Ferrol coindicen en que a demanda de casas con finca ou xardín para alugar durante o verán e incluso durante todo o ano multiplicouse por cinco, e o problema e que non hai oferta suficiente. Debido ao confinamento imposto pola crise da COVID-19, a xente non querer seguir vivindo en pisos por temor ante novos confinamentos. 

Na tempada de verán sempre escasearon as vivendas de alugueir,o pero agora son os propios residentes dos núcleos urbanos de Ferrol e Narón os que reclaman este tipo de vivendas. As zonas de praias, como Ares, Chanteiro, Doniños, Covas e Valdoviño, son as máis solicitadas pero ante a escasez de oferta os demandantes confórmanse con calquer sitio fora da cidade. 

 

Fonte | La Voz de Galicia