A demanda dende o estranxeiro segue interesada en comprar casas en España, Italia e Portugal | Observatorio de Vivenda

A demanda dende o estranxeiro segue interesada en comprar casas en España, Italia e Portugal

A demanda dende o estranxeiro segue interesada en comprar casas en España, Italia e Portugal

O sur de Europa (zonas costeiras de Portugal, Italia e España) sesgue sendo atractivo para os inversores procedentes do estranxeiro pese ao impacto no mercado inmobiliario da pandemia do coronavirus. Os beneplácitos da vida ao sur de Europa, entre os que se atopan un clima suave, boa comida e amplos beneficios sociais, seguen atraendo aos inversores residentes noutras latitudes para comprar unha casa nas costas de España, Italia e Portugal.

A demanda estranxeira viuse afectada dende marzo polas medidas de confinamento en todos os países e polas restriccións á mobilidade, que dificultan a entrada de inversores interesados en comprar unha residencia. Pero a partir de maio comezou a recuperarse, e tanto España como Italia mantiveron niveis de demanda positivos.

Pese a que Italia foi o país europeo onde máis incidiu o comezo da primeira onda do covid-19, o que provocou que a demanda internacional caira drásticamente en marzo, o país transalpino mostra agora unha gran recuperación da demanda internacional, cun incremento medio de 6 puntos no terceiro trimestre fronte ao mesmo períoso do ano anterior, mentres que en España a demanda procedente do estranxeiro recuperou un punto porcentual entre xuño e setembro fronte ao 3T de 2019, para quedarse nun 13% de foráneos interesados en comprar casa.

O mercado inmobiliario portugués tamén mellorou fronte a marzo, pero non ao mesmoo ritmo que os mercados veciños a peche de finais de setembro. Pese a ceder un punto porcentual fronte a 2019, o 25% da demanda foránea no mercado luso é a máis alta dos tres países analizados, o que demostra o peso da compra por parte de estranxeiros no país veciño.

Fonte | Idealista