A demanda para comprar vivenda intensifícase nas cidades medianas españolas a peche de 2020 | Observatorio de Vivenda

A demanda para comprar vivenda intensifícase nas cidades medianas españolas a peche de 2020

A demanda para comprar vivenda intensifícase nas cidades medianas españolas a peche de 2020

Cunha caída abrupta das transaccións en 2020, os prezos mantivéronse prácticamente estables, con descensos nalgunhas das grandes capitais como Barcelona, Madrid ou Palma, mentres a demanda aumenta un 78% de media en España, con importantes subas nas capitais de mediano tamaño. O stock de vivenda á venda, mentras tanto, mantense estable cunha suba moderada do 7% en plena crise económica.

Ata outubro, as compravendas seixáronse un 21,2% fronte ao mesmo período de 2019 polos efectos do covid-19, mentras que os prezos mantivéronse prácticamente estables durante todo o ano, e pecharon 2020 cun leve incremento do 0,9%. Nas grandes capitais como en Barcelona e Madrid, xunto a outros mercados importantes como Sevilla ou Palma, os prezos sí parecen afectados pola crise, con caídas que non superan o 3%.

As mellores noticias para o mercado da vivenda son o incremento do stock, que se mantivo estable cun aumento do 7% a nivel nacional, e o importante crecemento da demanda, que se disparou ata un 78% de media en España.

Así, o auxe do teletraballo está deixando ver un aumento das visitas sobre cidades de mediano tamaño, como Cáceres, Badajoz, Albacete ou Córdoba, con prezos da vivenda máis asequibles, pero sen perder os beneficios de vivir nunha urbe.

Fonte | Idealista