Diferentes países de Europa promoven máis vivenda social, multas a pisos baleiros ou límites ao alugueiro para loitar contra os altos prezos | Observatorio de Vivenda

Diferentes países de Europa promoven máis vivenda social, multas a pisos baleiros ou límites ao alugueiro para loitar contra os altos prezos

Diferentes países de Europa promoven máis vivenda social, multas a pisos baleiros ou límites ao alugueiro para loitar contra os altos prezos

Segundo o Observatorio Social Europeo de Vivenda, entre 2020 e 2022 os alugueiros escalaron un 19%, mentres que os prezos de compra fixéronno nun 47%. Para afrontar esta situación, moitos países botaron man a medidas para combater esta emerxencia. Entre estas medidas atópanse multas a pisos baleiros, topes ao alugueiros, ou o freo a pisos vacacionais. 

Concretando en países, o Goberno francés propón aumentar a oferta de vivenda, aplicando unha corrección que permitirá manter no mercado ata 140.000 vivendas de menos de 40 m2 sen necesidade de renovalas, e potenciando a construción de 30.000 novas vivendas durante os próximos 3 anos en 20 territorios considerados prioritarios. Doutra banda, en Bélxica estanse aplicando penalizacións por manter un piso baleiro fóra do mercado dende finais de 2023. Esta medida propúxose debido ao alto número de vivendas baleiras, posto que en 2021 eran 26.000 as vivendas desocupadas tan só na capital.

En Portugal a falta de vivenda asequible é unha das principais razóns do descontento social, debido ao gran aumento dos prezos do mercado de alugueiro, e motivou ao goberno a aprobar unha norma para prohibir a apertura de novos apartamentos turísticos en Lisboa, Porto e boa parte do litoral, aplicando tamén unha contribución extraordinaria do 15% sobre o aloxamento turístico. A finais de 2022 habían 108.523 vivendas turísticas, que representaban preto do 2% das vivendas do país. 

No caso de Alemania, que levan anos loitando contra a escaseza de oferta, o Goberno prometeu construir 400.000 vivendas novas, sumado ao límite ao alugueiro establecido en 2015, que fixa que cando se firme un novo contrato, só pode ser un 10% superior ao alugueiro comparativo local recollido nun índice elaborado polas cidades. Pola súa banda, en Países Baixos estase promovendo a construción de alugueiro social, establecendo que o 30% dos pisos de nova construción deberán ser deste tipo. 

Fonte.- El Pais