Diversas fontes do sector da construción sinalan á cesión de solo público como determinante para aumentar a oferta de vivenda accesible | Observatorio de Vivenda

Diversas fontes do sector da construción sinalan á cesión de solo público como determinante para aumentar a oferta de vivenda accesible

Diversas fontes do sector da construción sinalan á cesión de solo público como determinante para aumentar a oferta de vivenda accesible

As vivendas accesibles sitúanse nunha pasaxe intermedia entre os prezos das vivendas libres e as protexidas. Para o organismo Vivenda e Rehabilitación da Comunidade de Madrid, a oferta actual de inmobles accesibles é moi baixa, mentres existe unha gran demanda para este tipo de inmobles. 

A entidade defende que é moi importante que as Administracións identifiquen o patrimonio do solo público, e oferten aqueles que teñan demanda. Esta xestión do patrimonio público é un dos maiores retos para os Gobernos locais. 

Todos os organismos consultados coinciden en que unha maior colaboración público-privada será necesaria para unha mellor implantación de vivendas sociais. En outros países de Europa, os promotores destas vivendas soamente son públicos. Para estes representantes da construción española, esta non é unha fórmula válida para España, e engaden que existen vías, coma as concesións, nas que se incentiva a actividade promotora sen perder a propiedade.

Fonte| El Economista