En Ourense por primeira vez hai máis oferta de aloxamento en pisos turísticos que aloxamentos tradicionais | Observatorio de Vivenda

En Ourense por primeira vez hai máis oferta de aloxamento en pisos turísticos que aloxamentos tradicionais

En Ourense por primeira vez hai máis oferta de aloxamento en pisos turísticos que aloxamentos tradicionais

Segundo os datos da Axencia de Turismo de Galicia, a 1 de febreiro de 2024, son 371 as vivendas de uso turístico en Ourense, que ofrecen 1.769 prazas, mentres que as prazas dispoñibles nas distintas opcións de aloxamento tradicional son 1.532. Os pisos turísticos representan o 53% da oferta de aloxamento na cidade de Ourense, e, por primeira vez, ocupan a maioría de prazas na cidade superando ás opcións de aloxamento tradicionais (hoteis, albergues e pensións). Na actualidade este tipo de vivendas está en expansión na cidade, deixando de concentrarse no centro urbano e a zona histórica, e está extendéndose a tódolos rincóns da urbe. 

Fai 20 anos, o total de prazas ofertadas era de 892, cando na actualidade o total é de 3.301, é dicir, un aumento do 270%. Fai unha década, as prazas dispoñibles eran 1.244, unha cifra maior, pero moito menor que en 2024, en concreto un 165% máis nos últimos dez anos. Estes datos amosan o importante crecemento turistico na cidade de Ourense, e tamén o boom que sucedeu pola irrupción da modalidade de pisos turísticos. 

No barrio da Ponte houbo un aumento tras a chegada do AVE e xa son 35 as vivendas turísticas no barrio ferroviario. Actualmente, 136 vivendas están no Casco Vello, que segue sendo a zona de maior concentración deste novo tipo de aloxamento, os mesmos que se estenden pola zona centro. Entre ambas zonas, seguen aglutinando case dúas de cada tres vivendas de uso turístico da cidade, aínda que o seu peso vai descendendo pouco a pouco. 

Fonte.- La Región